Galego

Fotografía forense

Rexistro fotográfico de evidencias con control da cor, precisión e unha metodoloxía documentada.

Fotografía forense
Inicio

A fotografía de evidencias é un dos traballos máis habituais na investigación forense.

Unha imaxe só debería ter a condición de evidencia cando procede dun método de captura e procesamento probado e xustificado, de maneira que poida ser comprendido e reproducido por terceiras persoas. A maioría das imaxes que se producen non se realizan baixo un método científico, senón mediante un método estritamente fotográfico, herdado con frecuencia de disciplinas fotográficas que pouco ou nada teñen que ver co noso ámbito (fotoxornalismo, fotografía social, etc.).

As nosas técnicas fotográficas garanten un nivel de precisión xeométrica, se é posible aseguralo, pero, sobre todo, ofrecen unha fidelidade da cor moi alta respecto da escena ou do obxecto físico.

Deste xeito, é posible extraer información colorimétrica altamente fiable (intensidade ou matiz en manchas de fluídos, marcas ou pegadas corporais como hematomas, etc.). A nosa filosofía é a transferencia precisa de información colorimétrica e espacial entre a escena ou realidade física e a imaxe dixital que representa esa escena ou obxecto.

Todo traballo de documentación de evidencias vai acompañado dun informe extenso que indica os limiares de precisión das nosas imaxes, así como a descrición da metodoloxía de captura empregada e a bibliografía científica de referencia que utilizamos. Para fotografar determinadas evidencias, como restos de ignicións ou de fluídos fisiolóxicos, a fotografía convencional RGB compleméntase con técnicas de imaxe non visible, como a reflectografía UV, IR ou as fluorescencias, así como, por suposto, con técnicas de captura e análise multiespectral. Deste xeito, podemos chegar a diferenciar compostos que, aínda que presentan un comportamento similar no espectro visible, son distinguibles tras unha captura en bandas non visibles ou unha análise multiespectral.

Outros servizos

  • Caracterización de residuos de ignición (pólvora, feluxe, etc).
  • Fotografía e caracterización de evidencias.
  • Fotografía e análise de obras de arte e bens culturais.
  • Dixitalización de documentos.

Consultar esta especialidade ↗